El Patito Editorial lanza edicións limitadas para a campaña de Nadal

No seu catálogo inclúe ilustracións orixinais e impresións de alta calidade

Páxina de Miguel Calatayud á venda por El Patito Editorial
Páxina de Miguel Calatayud á venda por El Patito Editorial
De cara á campaña de Nadal, a editora El Patito acaba de lanzar unha serie de novidades que aposta pola venda de ilustracións orixinais e de impresións de calidade tiradas maioritarmente das obras do seu catálogo. Deste xeito, podemos mercar maquetas realizadas por Jack Mircala, ilustracións orixinais de Fausto Isorna sobre poemas de Rosalía de Castro, impresións de alta calidade e edición limitada de páxinas de Cidades de papel de David Pintor, Peter Petrake de Miguel Calatayud ou Galicia desde o tren de Jorge Arranz así como mercadotecnia de Golfiño, entre outros produtos.