Chineses que cociñan os seus avós. Raparigas que fan auto-stop en curvas perdidas. Roubos de órganos. Ratos confundidos con cans. Todos coñecemos un bo feixe do que se coñecen como lendas urbanas. A pasada fin de semana, as Xornadas de Literatura de Tradición Oral analizaban este fenómeno, sen dúbida un dos máis vizosos da oralidade contemporánea.
O salón de actos da Deputación de Lugo acollía os pasados venres 28 e sábado 29 de outubro as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral. O encontro, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais a Asociación Socio-Pedagóxica Galega centrouse nesta ocasión nun tema pouco coñecido da nosa oralidade como é o das lendas urbanas. Investigadores galegos e foráneos abordaron desde diferentes perspectivas a cuestión, con achegas desde Portugal e Euskadi.
Adaptación e actualización
Segundo explica Antonio Reigosa, coordinador do encontro, É o tipo de literatura oral que semella ser máis coñecido na actualidade e que está máis actualizada. A peculiaridade que ten a respecto doutras lendas é esta actualización. Á historia refórmase na propia transmisión, incluíndo elementos urbanos e modernos recoñecibles para o ouvinte e que permite que estas historias se conten como se fosen verdades. Malia a que estas lendas están amplamente difundidas no noso país, non se pode falar, a teor dos especialistas da existencia de historias deste tipo nidiamente galegas. As lendas urbanas son practicamente as mesmas en todo o mundo, son universais. O que teñen son variantes locais relacionadas con personaxes ou situacións concretas. Precisamente un dos elementos que as fan cribles é que localicen nun contorno próximo, entón é habitual que haxa referencia a un contorno galego nas historias, ou que se empregue a nosa lingua, e nese sentido si se poden considerar galegas.
Prexuízos e ideoloxía
A achegar exemplos deste tipo, Reigosa apunta desde as máis inocentes, como as que todos coñecemos de alguén que coincidiu o Rei nunha gasolineira ata, xa outras que xa están máis ideoloxizadas, como as de substacción de órganos por chineses, ou a do coche sen luces, a sorrisa do pallaso, a moza da curva ou a rapaza morta que ten unha relación cun rapaz vivo... Hai moitísimas e probablemente todos empregamos case a diario algunha destas lendas sen sermos moi conscientes. En moitos casos, as lendas urbanas concentran estereotipos e expresan medos sociais ante o estraño. Encontros con descoñecidos de consecuencias negativas, historias que deixan en mal lugar colectivos minoritarios ou inmigrantes... A tendencia é xeral neste tipo de historias. Segundo sinala Reigosa, a literatura en xeral, e a oral en particular, carga cos prexuízos sociais da época na que se crea. Iso dáse aínda máis no caso das lendas urbanas, e supoño que isto tamén o fai tan actuais, xa que permiten descargar prexuízos, ideoloxía e frustracións que non seriamos capaces de transmitir doutro xeito. Nese sentido, este investigador recoñece que hai unha certa ideoloxía de rexeitamento claro e contundente, pero leva unha envoltura literaria que a fai máis dixerible.
Rumores que son lendas
Outro xeito de oralidade estreitamente vencellado a estas lendas, e que tamén se tratou no encontro, é o rumor. Na orixe dunha lenda está sempre o rumor, de feito non deixa de ser a propagación estruturada e cun discurso literario do rumor. Nese sentido, a lenda é mais efectiva, porque se transmite e consegue un efecto acumulativo segundo vai pasando de narrador en narrador. Como exemplo de mestura entre lenda e rumor, Luís Giadás falou no encontro sobre o caso dun boticario de Viveiro que no século XIX chegou a ser procesado pola acusación de ser un sacamanteigas, é dicir que empregaba humores ou substancias tiradas de cadáveres humanos para os seus remedios. Malia a que o caso concreto é un exemplo de rumor, a idea de que determinadas profesións ou colectivos empregaban este tipo de ingredientes é un claro exemplo de lenda urbana que levaba séculos a circular por Europa, e que neste caso se viu concretada e mesmo chegou a provocar unha acusación legal. Isto amosa tamén a vixencia de determinado tipo de lendas no noso país desde hai xa ben tempo. A peculiaridade das lendas urbanas é que se actualizan. Mentres unha lenda de mouros que acontece nun castro cóntase sempre do mesmo xeito, esta actualízanse, e se non o fan morren e desaparecen. Se hai un anos os acontecementos pasaban nun carro, hoxe pasan nun coche, e a historia que sucedía nunha pousada hoxe ten lugar nunha discoteca explica.
Do oral ao escrito
Para alén do xulgado, non é estraño tampouco que en moitos casos as lendas urbanas dean o salto desde oralidade para os espazos dos medios informativos. É moi habitual atopar de xeito periódico novas, tanto en prensa escrita como en radio e no audiovisual, que en realidade son lendas urbanas e ninguén puido probar que acontecesen, son bastante habituais nas seccións de sucesos. A súa capacidade para saltar da oralidade a outros medios é outra mostra do poder deste xénero.
O conto do contador
Pola súa banda, o contacontos Celso Fernández Sanmartín, que vai impartir un obradoiro sobre Narración e representación de diferentes tipos de lendas urbanas considera que este xénero da oralidade non é máis do que unha actualización dos xeitos de contar a sociedade tradicional, adaptados agora a unha poboación moito maior que ten uns xeito diferentes de coincidir para falar, e menciona por exemplo a transmisión deste tipo de historias mediante o correo electrónico ou as redes sociais. Segundo el, é o trasfondo misterioso o elemento máis identificativo tanto de contos tradicionais como das lendas máis modernas, e sinala que se contan dun xeito moi semellante. O misterio sempre tira pola curiosidade, e o modo de reprodución social das lendas é o boca a boca. A maior interese que lle poña o que narra un suceso, máis veracidade lle dará o que o escoita. E isto fará xa non só que estea disposto a o escoitar, senón tamén a reproducilo ou mesmo a vivilo. E cita os casos de xente da sociedade tradicional que, suxestionada por ter escoitado historias da Santa Compaña, ía predisposta a identificar como tal calquera luz ou fenómeno que atopase no camiño. Ao ver deste profesional da narración oral, está garantido que non se perda a transmisión das lendas urbanas. Non lles cómpre truco ningún. De xeito natural, se quen as conta ten un vivo intrese por contalas, sexa por gusto ou porque lle chamou a atención e non se esqueceu do sucedido, en canto ten interese vaino contar, e quen o escoita con interese tamén vai querer facelo.