Coa intención de "promover a difusión e proxección cara ao futuro da vida e da obra de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao e a lingua e a cultura galegas" a Universidade de Santiago de Compostela presentaba este 5 novembro a Cátedra Institucional Castelao. Dirixida por Henrique Monteagudo, a nova entidade pretende "reforzar a dimensión cultural da Universidade e buscar a colaboración de todas as entidades que traballan arredor do rianxeiro.
A cátedra nace "centrada na figura, o pensamento e a obra deste representante sobranceiro da cultura galeguista contemporánea, e en particular da Xeración Nós, nas súas diversas vertentes: literatura, artes, identidade, idioma, xornalismo, cidadanÃa ou activismo polÃtico". Entre os seus obxectivos, segundo informa a USC, está "o fomento da investigación e da difusión a nivel estatal e internacional de Castelao e da cultura galeguista, a súa traxectoria e a súa obra, escrita, cÃvica e artÃstica, promovendo iniciativas de distinto tipo (encontros, debates, conferencias, ou estudos, entre outros) e impulsando a colaboración entre institucións e con entidades da sociedade civil".
A entidade, nada co apoio da Xunta e do Parlamento de Galicia, tamén organizará encontros académicos e actos divulgativos de distinto tipo. Como primeira actividade, a Cátedra presentou na Facultade de FiloloxÃa a exposición Castelao, de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1934-1944), que se poderá ver ata o vindeiro 15 de xaneiro e coa que se quere conmemorar o 80 aniversario da publicación da obra cumio deste persoeiro. Ademais de amosar o proceso de creación deste ensaio a través de varios paneis, a mostra está complementada cunha selección de libros sobre a época.
Entre as vindeiras iniciativas da cátedra está a creación dun sitio web de referencia sobre o seu protagonista e accións en lugares de importancia na súa biografÃa, como a vila de Rianxo e nas cidades de Compostela e Pontevedra.