Adra Pallón gaña o premio internacional Transversalidades - Fotografía sem Fronteiras

O reporteiro gráfico lucense acadou o galardón por un traballo sobre o despoboamento do rural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Imaxe de Adra Pallón pertencente ao portafolios gañador 'Demothanasia'

Imaxe de Adra Pallón pertencente ao portafolios gañador 'Demothanasia'

Cun traballo de seis imaxes sobre o despoboamento no medio rural, o fotoxornalista lugués Adra Pallón (Adrián Vázquez Rodríguez) ven de gañar o premio do 13º certame internacional "Transversalidades - Fotografia sem Fronteiras 2024" organizado polo Centro de Estudos Ibéricos da Guarda (Portugal). O portafolios titulado 'Demothanasia', un conxunto de imaxes que retrata a morte lenta de moitas rexións rurais de España, foi o traballo elixido do xurado de entre os moitos presentados chegados de máis de 60 países. A exposición e a presentación do catálogo desta edición terá lugar no Teatro Municipal da Guarda, o vindeiro 8 de decembro. Ademais do premio ao mellor portafolios o certame repartiu premios en catro categorías temáticas. Adra Pallón recibiu en dúas ocasión o Premio Galicia en Foco de fotoxornalismo.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Morte, Teatro, Medio Rural...

Claves

Entidades
Lugares