Adra Pallón gaña o premio de fotoxornalismo 'Galicia en Foco'

Coa serie 'Cinza e Lume' sobre os incendios en Ribas de Sil o lucense obtén o galardón por segunda vez

Coa serie 'Cinza e Lume' sobre os incendios en Ribas de Sil o lucense obtén o galardón por segunda vez
Imaxe da foto-reportaxe premiada 'Cinza e Lume', de Adra Pallón ©
Adra Pallón (Adrián Vázquez Rodríguez), recunca como gañador do Premio de fotoxornalismo "Galicia en Foco" na 31ª Edición do certame que convoca o Club de Prensa de Ferrol. O reporteiro lucense xa gañara a 29ª edición deste certame e agora, grazas á foto-reportaxe "Cinza e Lume" coa que documentou os incendios que asolaron Ribas de Sil en 2021 volveu acadar o favor do xurado nesta ocasión. A serie "Cinza e Lume", foi distribuída pola Axencia EFE e publicada en varios periódicos como Viva Lugo, El Progreso, Faro de Vigo e 20 Minutos. A foto-reportaxe foi valorada polo xurado como unha serie de imaxes "que nos sitúa nas entrañas dunha devastación forestal e no sentir das persoas que están na líña da loita contra o lume como se pode observar en todas e cada unha das fotos da serie". A entrega do premio, dotado con 1.000 euros, e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo, terá lugar o sábado 25 de febreiro pola tarde, no centro Torrente Ballester de Ferrol, onde se están a expor todas as obras participantes nesta edición.