Irene Grau gaña o Díaz Pardo de Artes Plásticas

A súa obra está feita coa cinza dos incendios de 2017

A súa obra está feita coa cinza dos incendios de 2017
O xurado coa obra gañadora. Foto: Deputación da Coruña
A vaga de grandes incendios de 2017 non só provocou devastación forestal, senón creación artística. Cando menos as súas cinzas, empregadas pola artista Irene Grau (Valencia, 1986) para compoñer a obra "Sobre o que resta / 162114-W-2", coa que gañou o XVII certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña. O premio é de 6.500 € máis a adquisición da obra "por un importe máximo de 25.000€". O xurado destacou "a súa orixinalidade e capacidade conceptual e crítica para transferir a paisaxe e o contexto galego á pintura". Tamén salientou "a coherencia á hora de traballar o pictórico a partir da acción de camiñar e de observar a realidade", así como "a sustentabilidade dos usos dos materiais empregados" en referencia á cinza procedente dos incendios do ano 2017. Grau vive e traballa en Santiago de Compostela e é doutora en Belas Artes pola Universidad Politécnica de Valencia. Ten exposto obra en Europa e nos Estados Unidos e recibidos diferentes galardóns.