O artista Berio Molina (Fonsagrada, 1979) é o gañador do XVIII Certame de Arte 'Isaac Díaz Pardo' da Deputación da Coruña coa súa obra 'erre melón'. O xurado, composto por Natividad González, deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Elena Bangueses, Xosé Manuel Buxán, Ánxela Caramés, María Dolores Dopico e Iñaki Martínez, escolleu por unanimidade a obra do artista lucense de entre as finalistas, que foran seleccionadas do total das presentadas a esta nova edición do certame de arte. O certame está dotado cun único premio de 6.500 euros. A peza gañadora, "erre melón" é unha obra en formato de vídeo na que se investiga sobre a linguaxe e os problemas de comunicación no mundo actual, introducíndose nos procesos de aprendizaxe da linguaxe e da incapacidade da sociedade para dar cabida ás formas de comunicación que se sitúan fóra do normativizado. O tribunal destacou o traballo dun "creador único no panorama galego e tamén do Estado español" e salientou a súa "coherencia, singularidade e capacidade de adaptación" á hora de traballar en diferentes contextos e procesos.
Obras para adquisición
O xurado propuxo, ademais, a compra dunha serie de obras por valor de 25.000 euros de entre as presentadas ao certame. Entre elas, atópanse 'Autorretrato', de Enrique José Lista; 'Man under the shade', de Damián Uceda; '#3 Da serie Himno', de Juan Luís López; 'Escrito en las hojas, 11', de Verónica Vicente; 'Testigos de confianza', de Rebeca López; 'Historioporosis', de María José Fernández; 'Non só animal', de Alejandra Pombo; 'Grafito sobre papel (II)', de María Cillas; 'Horizonte', de Juan José Lesta; 'Pulsaciones II', de Ana Isabel Gesto; e 'Banle, paisaxe tipográfico', de Andrés López. Por último, tamén propuxo a inclusión de 17 das obras na exposición itinerante do Certame.