David Pintor gaña o premio de ilustración Pura e Dora Vázquez

O xurado escolleu a súa obra por unanimidade entre as 22 presentadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Con dez ilustracións para a obra Encontros ás agachadas, de Concha Blanco, o debuxante David Pintor (A Coruña, 1975) ven de ser escollido por unanimidade do xurado como gañador desta edición do certame convocado pola Deputación de Ourense. O artista recibirá os 3.000 euros do premio e o libro resultante xuntar a estas dúas achegas gañadoras – a de narrativa infantil e a de ilustración- publicarase en primavera. David Pintor tivo que competir con outras 21 obras presentadas a este singular certame que premia por separado as dúas creacións concorrentes. A obra ten como protagonistas a un neno e un extraterrestre que traban amizade.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concha Blanco, Narrativa, Deputación de Ourense, A Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos