Miguel Sande gaña o Iº Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

O xurado elixiu a súa obra A enterradora (blogue) entre as catorce presentadas

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLiteratura
Compartir:

O Iº Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual convocado pola compañía teatral Feira do Leste co apoio da Deputación provincial de Pontevedra fallouse a favor da obra A enterradora (blogue) do escritor e xornalista Miguel Sande, presentada baixo o lema A morte excítame. O xurado, conformado pola directora teatral Cristina Dominguez Dapena, a actriz Areta Bolado e o dramaturgo Ernesto Is - Dramaturgo, destacan como "moi actual e orixinal o tratamento do tema da morte, moi presente na idiosincrasia galega". Así como a "honestidade que presenta ao fuxir da linguaxe contemporánea pretensiosa e afondar nunha estrutura dramática que foxe dos canons". A obra de Sande, destacou sobre as 14 obras presentadas nesta primeira edición do certame "polas atmosferas sonoras e audiovisuais que consegue” e que, “permite a adaptación da peza a outros formatos como o radioteatro", sinala a acta do xurado. Sande gañara en 1998 o Premio de Teatro Rafael Dieste coa obra Ninguén chorou por nós e foi finalista noutros certames deste xénero. O premio consiste na edición e publicación da obra gañadora dentro dun volume xunto con outras pezas de dramaturgos galegos actuais. Así mesmo, o gañador recibirá 10 exemplares da obra como compensación dos dereitos de autor e unha porcentaxe dos beneficios obtidos pola venda de cada exemplar durante o primeiro ano.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Sande, Miguel Sande, Morte, Teatro...