Fernando Epelde gaña o Premio Varela Buxán de dramaturxia teatral

O xurado elixiu a súa obra 'Engadir auga e esperar…'

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Fernando Epelde                                 Foto: Teatro.es

Fernando Epelde Foto: Teatro.es

O dramaturgo, músico e intérprete Fernando Epelde (Ourense 1980) é o autor gañador do Premio Varela Buxán de Teatro convocado polo polo Concello de A Estrada. O xurado integrado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Chelo do Rejo fallaron o seu veredicto a favor da obra Engadir auga e esperar…, presentado baixo o lema Cousas que dormen lustros. No seu fallo o xurado din da obra gañadora que crea “un universo dramatúrxico, complexo e estruturado con habilidade, que propón un xogo coa linealidade e a causalidade do tempo”. Ademais diso na súa acta deixan como un punto a valorar o traballo de documentación que fixo o autor de feitos e circunstancias históricas que enriquecen o relato. A labor como dramaturgo de Fernando Epelde inclúe, xeralmente, unha relación con outras disciplinas como a música, o cine ou o vídeo cun certo grao de experimentación formal, moi influído pola edición de vídeo. Ten traballado habitualmente coa compañía Voadora.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Carreira, Santiago Cortegoso, Cine, Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares