O VIº Varela Buxán de textos teatrais vai para 'Pallasos' de Fernando Castro

O galardón estradense recoñece por vez primeira un autor non galego

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroPolíticas Culturais
Compartir:
O VIº Varela Buxán de textos teatrais vai para 'Pallasos' de Fernando Castro

O autor asturiano Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariegos), que é profesor na localidade coruñesa de Cee, ven de alzarse gañador da sexta edición do Premio de textos teatrais Manuel Daniel Varela Buxán, promovido pola Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) de A Estrada en colaboración coa Fundación Cultural da Estrada. A súa obra Pallaso, obtivo o apoio do xurado do galardón integrado por Ana Carreira Varela, Santiago Cortegoso e Eduardo Alonso. Na súa resolución os xuíces destacaron a "construción dramatúrxica rigorosa e coherente" e a viabilidade da obra para ser levada á escena, así como o "humor negro e absurdo cargado de dramatismo e ironía" da obra. Castro Paredes, que traballa en Cee como profesor, é o primeiro autor non galego que leva este premio que ten unha dotación de 1.200 euros e diploma acreditativo para unha obra inédita en galego e de temática libre. O autor coordina a compañía de teatro escolar Tuéjele Teatro. O acto de entrega terá lugar a finais de xaneiro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cee, Ana Carreira, Santiago Cortegoso...