Santiago Cortegoso leva o Varela Buxán de Teatro

A obra Smoke on the water valeulle 6.000 euros ao dramaturgo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Smoke on the water é o título da obra coa que o dramaturgo Santiago Cortegoso acaba de se impor no III Premio de Teatro Mome Varela Buxán, dotado cunha contía de 6.000 euros. O certame, que convoca o Museo do Moble e da Madeira da Estrada contou unicamente con seis obras presentadas nesta edición. O xurado destacou a arquitectura dramática e os personaxes do traballo de Cortegoso, así como a precisión dos seus diálogos. O acto de entrega celebrarase nas vindeiras semanas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Cortegoso, Teatro, Arquitectura

Claves

Protagonistas
Conceptos