Manuel Tudela faise co VI Certame de Banda Deseñada sobre Teatro

Adaptará a obra Caixa negra, de Fernando Epelde

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Manuel Tudela faise co VI Certame de Banda Deseñada sobre Teatro

Un dos alumnos da Escola de BD O Garaxe Hermético, Manuel Tudela, acaba de se facer co VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro. O premio que convoca a erregueté – Revista Galega de Teatro propuña este ano adaptar un fragmento da obra Caixa negra, de Fernando Epelde. O xurado, composto por Pepe Carreiro, ilustrador e autor de BD, Anxo Fariña, escritor, ilustrador e deseñador e Vanesa Sotelo, dramaturga e directora da erregueté seleccionou a proposta de Tudela a destacar "a adecuación da imaxe á intensidade dramática da obra de Fernando Epelde e a condensación narrativa conseguida". Agora, Tudela deberá completar a adaptación de toda a obra de Epelde, que sairá a luz a finais de ano. O autor recibirá ademais 800 euros de premio.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Banda deseñada, Erregueté, Pepe Carreiro...