Marcos Abalde gaña o XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Avelina Pérez obtivo o Premio do Público desta convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Psicofonías é o título da obra coa que Marcos Abalde se facía onte co Premio do Xurado do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. A obra impúxose entre os 61 orixinais presentados a este certame e recibirá 3.000 euros en metálico. A mesma contía recibirá Avelina Pérez polo seu traballo Alianzas, que levou o Premio do Público nesta xeira do certame. Canda a eles, ficaron como finalistas e puideron escoitarse na Radio Galega ao longo das últimas semanas, Proxecto Tempo de Clara Gayo e Andrómenas soa moi antigo de Fernando Epelde.

As catro obras finalistas serán editadas nun volume que incluírá CD coa adaptación radiofónica dos textos. O xurado estivo constituído por Carmen Castro, Antón Lopo e Santiago Cortegoso, que ademais actuou como director das adaptacións radiofónicas desta edición.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Avelina Pérez, Clara Gayo, Radio Galega...