Avelina Pérez gaña o III Premio Pegada de Teatro Radiofónico

A obra Eu controlo gravarase e emitirase por Radio Redondela

27/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: teatro
17 lecturas | Compartido 0 veces
A terceira edición do Premio Pegada de Teatro Radiofónico que organiza a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais xa ten gañadora. Avelina Pérez impúxose, co seu traballo Eu controlo nesta xeira, e verá o seu texto gravado e emitido por Radio Redondela. A autora, que xa gañara o último premio de teatro radiofónico Diario Cultural ex aequo con Clara Gayo, recibirá demais un lote de cen libros de creación e investigación teatral. A directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, fixo esta mañá entrega do galardón no marco das xornadas que a ESAD está a desenvolver co gallo do Día do Teatro e da Danza. No transcurso do acto realizouse unha lectura dramatizada do texto premiado.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego