Manuel Pacho Blanco gaña o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A súa obra Paraísos impúxose nas votacións do xurado e mais do público

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Tanto o xurado como o público coincidiron en considerar Paraísos, a obra o ourensán Manuel Pacho Blanco como a gañadora no V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O autor recibirá o premio, dotado cun total 6.000 euros, suma do galardón do público e mais daquel do xurado, seralle entregado o vindeiro 3 de maio no Salón Teatro de Santiago. A obra será editada nun libro-CD canda ás tres finalistas: Como eliminar as manchas de vómito, de Eva Freixeira; Carne de Canón, de Rebeca Montero; e Señora Carme, de Manuel Román. O gañador xa levara en 2007 o premio Torrente Ballester de narrativa.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Narrativa, Salón Teatro, Gonzalo Torrente Ballester...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares