A obra Explotados, escrita por César Carracedo, fÃxose co galardón do xurado do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O comité de selección destacou “o uso da linguaxe radiofónica, a capacidade para crear imaxes, o ritmo e o tratamento dun tema de actualidade en clave de comedia de compromiso”. A obra amosa as negociacións entre un detective da policÃa e un secuestrador pechado nunha oficina do Inem. Pola súa banda, o traballo A primeira vez de Carmen Blanco Sanjurjo obtivo o premio da Audiencia. As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na Radio Galega e editaranse nun libro-CD, e cada un dos gañadores levará un premio de 3.000 euros. En total presentáronse a esta edición do certame 48 obras.