Eva Ferreira faise co Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A obra Poema sinestésico para tres voces e un can foi seleccionada polo xurado do certema

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os 3.000 euros do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico foi para a obra Poema sinestésico para tres voces e un can, de Eva F. Ferreira. Un discurso provocador, que experimenta cos recursos radiofónicos e que "indaga na actitude de quen escoita, e lonxe de asentarse no previsible provoca unha emoción inesperada” son algúns dos mérito que o xurado valorou na obra gañadora. Canda a este traballo, o público seleccionou Intercom-baby, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que levará un premio da mesma contía.

Canda a estas obras, as finalistas Ironías, de Carlos Losada Galiñáns, e Quendas, de Zé Paredes, serán editadas da man de Xerais nun libro-CD. O Salón Teatro de Compostela acollerá o vindeiro 15 de maio a entrega dos galardóns.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A directora que escribe textos

A directora que escribe textos

Eva F Ferreira: "Evolucionei cara un teatro que ten máis en conta o performativo e o visual non ancorado na palabra"

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Santiago Cortegoso, Carlos Losada, Salón Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos