A directora que escribe textos

Eva F Ferreira: "Evolucionei cara un teatro que ten máis en conta o performativo e o visual non ancorado na palabra"

Eva F Ferreira (O Barco de Valdeorras, 1978) deuse a coñecer ao público por Poema sinestésico para tres voces e un can texto co que gañou o premio radiofónico da Radio Galega. Un premio que lle vale unha grande satisfacción persoal porque, entre outras cousas, “era a cuarta vez que se presentaba” e uns cartos que investiu nun proxecto teatral. Edison ou dúas mil demostracións de cómo non facer unha lámpada eléctrica.

Sobre a súa escrita recoñece que comezou dun xeito literario aínda que cedo se deu conta de que non tiña nada que ver co teatro. “Evolucionei cara a un teatro que teña máis en conta o performativo e o visual non ancorado na palabra. A dramaturxia que me interesa é a que se fai nos ensaios e na escena.

Aínda que Eva F Ferreira escribe ela recoñécese mellor como directora no marco da súa compañía Demolicións Ferreira&cía, “O de &cía era unha maneira de asumir que a día de hoxe non se podía facer unha compañía con moitas actrices e actores e, polo tanto, esa cía era a xente se incorporaba polo camiño”. De momento ese proxecto tivo unha única función, no FITO de Ourense. “Como tantos outros é un proxecto parado no caixón por motivos obvios da parálise da rede e por motivos de inviabilidade económica xa que era un proxecto que implicaba a tres actrices, un técnico de luces e a unha directora. O proxecto foi desenvolvidoco apoio do Teatro Ensalle de Vigo onde traballou en residencia e onde para Eva F. Ferreira un dos poucos sitios nos que se pode apreciar unha renovaión da escena galega.

En breve, o novo número da revista Núa conterá o seu próximo texto. E de carácter textual tamén é un proxecto que prepara con Marcos Abalde que consiste nunha colaboración cun fotógrafo de Monforte (Iván Merallo) no que escribirán textos para unha serie de fotografías do último represaliado da época franquista que mataron no 41. En todo caso, o seu son “proxectos moi pequenos e altruistas. Proxectos unipersoais porque non vexa viabilidade doutra cousa”

Con respecto aos referentes. Destaca o que dunha volta chama "clásicos contemporáneos", a nivel estatal, como Elena Córdoba, Carlos Marquerie (Cía. Lucas Cranach) ou Mónica Valenciano. E da outra, de creadores e creadoras que, sendo daquí que traballan fundamentalmente fóra do país, como Estela Lloves (Cía. Arraiana) ou Diego Anido. Ademais, "interésame o traballo de Elefante elegante e tamén de certas creador+s que se moven entre a danza, o teatro e outras artes"!.

Nesta liña de traballo que considera o teatro como unha investigación "non vexo demasiadas cousas que se estean a facer aquí onde as cousas seguen a ser demasiado clásicas".