Catro finalistas aspiran ao VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

As obras poderán escoitarse ao longo deste mes na Radio Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O xurado do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico elixía o pasado venres os finalistas desta edición. Segundo anunciaron no propio programa da Radio Galega, os títulos Poema sinestésico para tres voces e un can, Ironías, Quendas e Intercom-baby son os elixidos para ser emitidos ao longo deste mes de marzo no programa. De entre eles seleccionaranse o Premio do Xurado e mais o Premio da Audiencia dotados ámbolos dous con 3.000 euros.

Presentáronse ao certame un total de 51 obras, un número moi superior a anteriores edicións. Segundo explicou Camilo Franco, membro do xurado, malia á variedade temática detectouse unha grande presenza da crise como tema nos textos presentados. Evaristo Calvo será o responsable de montar as obras para a súa emisión, mentres que Xerais correrá coa edición dos textos. Calvo salientou a calidade xeral dos traballos presentados.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Radio Galega, Evaristo Calvo, Camilo Franco Iglesias...