Eugénio Outeiro Lojo, Cláudia Morán e Manolo Broa son os gañadores dos Premios Johan Carballeira 2025

O poemario Réquiem e unha reportaxe sobre o despoboamento e os incendios son as obras premiadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A edición 2025 dos premios Johan Carballeira premiaron a Eugénio Outeiro Lojo, coa obra poética Réquiem e a Cláudia Morán e Manolo Broa na categoría de xornalismo pola reportaxe "Convivir co lume. O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume", publicado en Nós Diario. O xurado valorou de Réquiem a "estrutura e arquitectura poética traballada, delicado no tratamento, nada panfletario, que engancha por unha musicalidade evidente, de vocación trobadoresca e que conecta coa oralidade" e cunha "poética máis clásica e diferente da cultivada na actualidade e que formula unha proposta de verdadeiro acto de memoria histórica". Pola súa banda, o xurado da categoría xornalística valorou na reportaxe de Cláudia Morán e Manolo Broa "a análise das aldeas sen case veciñanza, cunha perspectiva orixinal sobre os tópicos do lume" e o xieto no que se realiza un contraste entre o urbano e o rural, así como o despoboamento fronte os incendios".

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eugénio Outeiro, Xornalismo, Arquitectura, Memoria Histórica...

Claves

Protagonistas
Entidades