Virginia Rota imponse no VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O seu proxecto El mundo al principio. Infans. desenvolverase nunha exposición e sairá nun catálogo

25/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Soleá. 8 anos. Fotografía de El mundo al principio. Infans.

O xurado do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que convocan anualmente Festival Outono Fotográfico, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, deu a coñecer onte o fallo da súa sexta xeira.
A creadora malagueña Virginia Rota impúxose no certame co seu proxecto El mundo al principio. Infans., un achegamento "á sabedoría da infancia e sobre a liberdade do pensamento" no que retrata a 22 crianzas. Tal e como recollen as bases do galardón, estas imaxes tomarán agora a forma dunha exposición que terá unha itinerancia de dous anos e verán a luz na forma dun catálogo. Canda a ela, resultaron finalistas desta xeira do certame Miguel Auria e Rosi Pardagunde.

O xurado, formado por Carmen Dalmau, Isabel Lázaro, Anxela Caramés, Encarna Lago Gonzalez, Fernando del Río, Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves, en presencia de Ofelia Cardo como secretaria, acordou por unanimidade a declaración da gañadora na tarde de onte.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Outono Fotográfico, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia...