Agustín Vázquez gaña o XXIIº Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

Adrián Maceda con 'Anil límite' obtén o segundo premio do certame mindoniense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

'Nome da ausencia' é o título da obra poética coa que Adrián Agustín Vázquez Rodríguez (Vilarmaior, 2001) ven de gañar o XXIIº Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo. Na súa resolución, o xurado destacou nos versos a dicción equilibrada dos mesmos, así como a capacidade suxestiva das imaxes e o poder evocativo do universo lírico convocado na obra gañadora. O certame tamén deixa un segundo premiado, Adrián Maceda Fernández (O Saviñao, 1997) polo traballo 'Anil límite' sobre o que o xurado destacou a "musicalidade desta escrita, inzada de referencias metapoéticas e posuidora dun excepcional dominio dos recursos retóricos e un fondo coñecemento das posibilidades expresivas de diferentes fórmulas versais". O vindeiro 30 de decembro está prevista a entrega dos premios, que están valorados en 1.500 euros para o primeiro e 600 euros para o segundo, ademais da entrega de placa e diploma.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Mondoñedo

Claves

Conceptos
Lugares