"CartografÃa dos tránsitos" é o tÃtulo da obra de Maurizio Polsinelli que ven de ser elixida gañadora do Vº Certame de PoesÃa Torre de Caldaloba, que convocan o Concello de Cospeito e a Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ e a Xunta de Galicia. O xurado acordou por maiorÃa conceder o primeiro premio, que ten unha dotación de 1.500 euros, ao poemario de Polsinelli e o segundo premio a "Caeiro", de MarÃa Mercedes RodrÃguez Bolaño. Da obra gañadora, "CartografÃa dos tránsitos", o xurado salientou que se trata dun "traballo artesanal da palabra poética, dentro dunha proposta desenvolvida con técnica e elegancia". Ademais de destacar a súa "riqueza en recursos expresivos e referencias cultas e evocadoras, acaÃdas con moi acertada habilidade. Estruturalmente equilibrado e cunha excelente musicalidade", di o xurado. O italiano Maurizio Polsinelli é coñecido pola súa faceta como músico, integrando como pianista o dúo 2naFronteira con Carmen Penim desde fai varios anos. Sobre o poemario "Caeiro", o xurado citou a súa plasticidade e emprego de imaxes poderosas. "En ocasións presenta un ritmo sincopado, e unha contención que evita a saturación ornamental, cunha forza metafórica suxestiva", engadiron na súa valoración. A entrega de premios terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás 18:00 h. no local social de Pino.