O Concello de Cospeito acaba de facer público o fallo do IV Premio de PoesÃa Torre de Caldaloba, que a entidade municipal convoca en colaboración coa Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino e Culturalia GZ. O xurado seleccionou a obra Contra-tempos, de Andrea Fernández Maneiro como a mellor entre as trinta presentadas, a destacar que se trata dun "poemario moi equilibrado, cunha voz poética potente e conmovedora, que outorga visibilidade a unha temática tan silenciada como é a da saúde mental".
No segundo posto do certame, o fallo destaca o traballo Da carne de Rafa Lobelle, que destaca pola súa " posta escénica, ben estruturada, que se abre a diferentes dimensións e interpretacións, destacando a riqueza cromática no xogo das palabras". A gañadora recibirá un premio en metálico de 1.500 euros e, ao igual que o finalista, verá a súa obra publicada. A categorÃa para menores de 18 anos ficou deserta por falta de participación.
A entrega dos galardóns está prevista para o vindeiro 13 de novembro nun acto que se desenvolverá no local social da asociación cultural de Pino. O xurado estivo composto por Armando Requeixo, Beatriz Dourado, Adolfina Mesa, Patricia Torrado Queiruga, Xosé Otero Canto e Martiño Maseda.