Xosé Luis Mosquera Camba gaña o XXº Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O xurado acordou por unanimidade elexir a súa obra 'Parhelio'

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:

O libro Parhelio de Xosé Luís Mosquera Camba (Gúisamo, 1961) ven de facerse co Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño na súa XXª edición. O xurado tomou por unanimidade a decisión sobre esta obra na que viron un traballo feito con atención e riqueza lingüística que posúe "moita coherencia interna, que mistura moitos xéneros e referencias, moi sensorial e con moito ritmo", sinala na acta. O xurado ademais destacou que o texto presenta "unha poesía ruturista na que se valora a apertura dunha liña de traballo anovadora enriquecida cunha prosa poética que rompe o uso máis clásico do verso e mergúllase na oralidade". Destacan asemade a referencia a outras disciplinas artísticas, sobre todo á música. Valorouse tamén, segundo o xurado, o emprego de imaxes "moi sostidas ao longo de todo o poemario como as dos cabalos ardendo, os bisontes... que transmiten forza e sonoridade". Emma Pedreira, María Lado e Charo Lópes, actuando como secretaria a presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar e como presidenta a concelleira de cultura de Sarria, Reyes Abella compuxeron este xurado da XXª edición do premio convocado polo concello de Sarria e a Asociación Cultural Ergueitas. Mosquera Camba é escritor e profesor de arte, ten no seu haber dous premios de poesía do Concello de carral e no ano 2019 gañaba o Premio Díaz Castro.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Fiz Vergara Vilariño, Fiz, María Lado...