Cristina Ferreiro faise co premio Fiz Vergara de poesía

A convocatoria xuntou 12 poemarios

16/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Este sábado 14 de abril o xurado do XII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño que organiza o concello de Sarria outorgou o premio á obra Abecedario póstumo de Cristina Ferreiro. Os membros do xurado estimaron na obra "o seu ritmo, por tratarse dunha peza non compartimentada, na que estamos ante un poema longo que inclúe textos de prosa poética e no que se reflicte a contemporaneidade máis actual". O xurado estivo composto por Antía Otero, Estevo Creus, Francisco X. Fernández Naval e María Casar.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz, Poesía, Fiz Vergara Vilariño, Francisco X. Fernández Naval...