Quiosco: Táboas Nº5

A revista de artes escénicas ofrece un repaso sobre producións e artistas destacados

O número 5 da revista de artes escénicas Táboas, na súa versión en papel, xa está dispoñible tamén para descarga. Entre os contidos desta entrega da publicación editada por Aíné, destaca a entrevista con Miguel de Lira, como actor e membro de Chévere, Outros nomes propios que poñen a súa voz interpelados desde a publicación son o bailarín e coreógrafo Fran Sieira, a actriz e directora Tamara Canosa e o actor Sergio Zearreta. Ademais a revista saca á luz ao equipo menos visible dio Centro Dramático Galego e tamén, sobre a compañía pública dá conta da súa produción 'Manuel Rey is in da house', representada en Almada. Ademais de repasar algunhas outras producións de teatro ou danza a revista inclúe unha reportaxe sobre a necesidade de formar público para as artes escénicas, centrándose na experiencia do 'Castelo Conta'.

Ligazóns