Para o segundo número desde a súa presentación da súa nova imaxe como erregueté, a revista quixo dedicar o seu apartado TEMAS ao Teatro das Irmandades da Fala con motivo do centenario da súa creación. Por outra parte, neste número a publicación retoma dúas liñas de traballo que sempre tivo presentes: unha delas é a do avance de información sobre eventos destacados na axenda das artes escénicas e que nesta ocasión dedica ao Festival Escenas do Cambio; a outra, consiste na recuperación do espazo EN DANZA e a colaboración co proxecto TRC Danza e a publicación en papel dos seus Pre-Textos.
Aniversarios como os trinta anos da compañía Matarile ou os vintecinco anos que celebrou o FIOT de Carballo en 2016 son algúns dos contidos que nutren a sección ESCENA ABERTA e configuran un conxunto de conversas con responsables de diversos proxectos escénicos que permiten presentar a erregueté como un crisol de voces desde o que recoller testemuños e experiencias e facer memoria en colectivo.
Dentro da súa aposta pola difusión da dramaturxia contemporánea, a erregueté ofrecer en galego a peza As cancións que lles cantaban aos cativos coa que Raúl Dans gañou o XXIV Premio Sgae de Teatro Jardiel Poncela. A RGT segue a ser un espazo reservado para a crítica teatral e na sección ESPECTÁCULOS pódense atopar as análises das montaxes de Tartufo, do CDG; O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e Get Back, de Eme2. Pola súa parte, na sección LIBROS, a crítica que asina Afonso Becerra é para o texto gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais 2015 Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas.