O interese dos galegos polas actividades culturais medrou en xeral no bimestre 2010-2011. Asà o revela a análise que realizou o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega a partir da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais 2010-2011 do Instituto Nacional de EstatÃstica. No entanto, este maior interese non semella aparellar un crecemento igual na asistencia a eventos culturais.
En liñas xerais, o interese polas prácticas culturais medrou en todos ámbitos neste últimos dous anos a respecto dos datos de 2006-2007, último perÃodo estudado. Débese ter en conta, de calquera xeito, que entón se detectara unha diminución xeral no consumo cultura, e que as cifras, polo xeral, non superan as de 2002-2003 agás en ámbitos particulares. A música actual (6,5 puntos sobre dez), o cinema (6,1) e a lectura (6) son os tres ámbitos nos que os galegos afirman estar máis interesados. Ademais, o primeiro destes campos rexistrou un incremento de 0,9 puntos a respecto do anterior perÃodo estudado e o cinema 0,6 mentres os libros mantéñense estables no interese dos galegos. Entran con forza as visitas a monumentos, que sube 0,9 puntos e sitúase como cuarta actividade preferida, con 6,5 puntos. Canda a isto, e malia a non obter as maiores puntuacións, o gusto pola música clásica rexistra o maior incremento de toda a gama e chega aos 4,7 puntos, cun incremento de 1,1. Ao mesmo nivel e cun crecemento dun punto sitúase o teatro. Malia a obter as menores notas, a ópera, con 2,8 puntos, a zarzuela, con 2,6 e o ballet e mais a danza, con 3,2 rexistran tamén un incremento na atención dos galegos.
Gráfico 1. Evolución do grao de interese en determinadas actividades culturais en Galicia (de 0 a 10)
Máis visitas
Semella que as visitas en xeral se incorporan con certa forza ás opcións culturais dos galegos, xa que as que se fan a depósitos arqueolóxicos pasaron de 3,3 a 4,2 puntos, e de exposicións acadan un 4,3 (0,6 máis do que no anterior perÃodo). As galerÃas de arte, cun incremento de 0,4 e mais os museos, que medran 0,6 e chegan ao 4,4 confirman esta tendencia, aÃnda que neste último caso a valoración non chega á que tiña en 2.22-2033, con 5,3 puntos. AsÃ, comprobamos que malia ao crecemento xeralizado no interese, tanto museos como cinema non chegan a espertar a atención de hai unha década, mentres a música actual amósase como única proposta cunha clara tendencia crecente e a lectura mantense. As visitas a monumentos, galerÃas de arte e restos arqueolóxicos semellan campos cun prometedor futuro, vistos os seus crecementos recentes. Destacan tamén os incrementos en campos considerados minoritarios como a música clásica e o teatro.
Asistencias
Contradà o interese crecente por estes campos de cultura a diminución case xeralizada das visitas a museos, exposicións, galerÃas de arte e mesmo salas de cinema que se está a dar nos últimos anos. No caso do cinema, malia a ser a opción cultural maioritaria entre a poboación, cun 36,5% de asistentes, mantense unha tendencia decrecente na última década, cunha queda de 13 puntos porcentuais menos fronte a 2002-2003. Canda a isto, e a concordar cos datos do anterior apartado, compróbase que cada vez se vai a máis concertos de música actual, segunda actividade máis exercida polos galegos, (un 32,1% da poboación) e que medran tamén outras artes musicais e escénicas con menor asistencia, como o teatro (12,4%), a música clásica (8,4%), ballet e danza (4,1%) ou ópera (2,2%). Concordan tamén coas cifras de interese o crecemento que se dá nas visitas a monumentos, que practica o 37% dos galegos e a depósticos arqueolóxicos, que chega ao 14,5%. No caso do teatro, no entanto, débese ter en conta que esta arte caeu seis puntos porcentuais desde 2002-2003, o maior descenso de todos os ámbitos contemplados na enquisa.
Gráfico 2. Evolución da porcentaxe de persoas que visitaron museos, exposicións, galerÃas de arte, monumentos e xacementos arqueolóxicos no último ano en Galicia
Gráfico 3. Evolución da porcentaxe de persoas que asistiron ao cine e ás artes escénicas e musicais no último ano en Galicia.
Causas
Os prezos son o principal motivo que aducen os galegos para deixar de asistir ao cinema, cun 21,8% dos consultados. Canda a isto, medra nos últimos anos o consumo de filmes en plataformas diferentes, como o video e a televisión. No caso do teatro, semella que a queda dos últimos anos está máis relacionada coa falta de interese por este espectáculo. O mesmo argumento encabeza as razóns polas que non se asiste a outros eventos como a ópera, a música clásica ou a danza. A escaseza de oferta é tamén unha das causas máis esgrimidas polos galegos para xustificar a súa pouca presenza en artes escénicas, musicais e cinema.
Táboa 1. Porcentaxe de persoas segundo os motivos principais polos que non van, ou non van máis veces a artes escénicas e musicais e cine en Galicia
En certo xeito, semella que se está a dar, de xeito tÃmido unha diversificación no interese e na práctica cultural dos galegos, cunha atención crecente por ámbitos que diminuÃran o seu éxito nos últimos anos. O crecemento na oferta de visitas a depósitos arqueolóxicos (escavacións en marcha visitables ou a apertura do dolmen de dombate, entre outras) pode estar detrás da maior presenza deste ámbito. Ao tempo, a gratuidade da visita a monumentos pode ser tamén a causa que explique o crecemento desta actividade.