Un pénsil moi florido

Eme2 estrea a adaptación ao galego da exitosa obra sobre as escolas franquistas

Detalle da obra <i>O florido pénsil</i> que hoxe se estrea no Salón Teatro
Detalle da obra O florido pénsil que hoxe se estrea no Salón Teatro
“Somos catro e Pico” afirmaba Xosé Manuel Olveira,Pico, na rolda de presentación de O florido Pénsil, a última montaxe da produtora Eme2 que conta cun reparto de luxo (ademais de Pico están Antonio Durán Morris, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra). Eles interpretarán, en clave de humor, como eran as clases na época franquista. A obra é a versión galega dunha montaxe que conseguiu máis de 3.000 funcións desde 1996, ano no que se estrenou por primeira vez. “Non é só unha traslación, senón tamén a adaptación ao contexto galego da época" explicou Fernando Bernués, codirector do espectáculo xunto con Mireia Gabilondo. A versión galega estréase hoxe no Salón Teatro ás 21:00 horas onde estará ata o domingo.