Mariña Patrimonio descobre o primeiro petróglifo podomorfo da zona

O gravado amosa once pegadas de pés e mais dúas cazoletas

12/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
33 lecturas | Compartido 0 veces

Fotografía do petróglifo As Pisadas do Encanto

Técnicos da Xunta acaban de inventariar o primeiro petróglifo podomorfo do que se ten constancia na Mariña Lucense. A asociación Mariña Patrimonio foi a responsable da descuberta deste ben, que é ademais o primeiro petróglifo que aparece en Ribadeo. Na laxe localizada por membros deste colectivo poden verse once gravados con forma de pés e mais dúas cazoletas. Os restos están vencellados á lenda dunha moza encantada que tería sido a responsable de deixar as pegadas.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, Ribadeo

Claves

Entidades
Lugares