A Xunta declara a conservación in situ dos restos do castro da Atalaia

Patrimonio asegura que "pode dar lugar a un gran proxecto arqueolóxico"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castro da Atalaia. Foto: Humberto Pool. Fonte: Mariña Patrimonio

Castro da Atalaia. Foto: Humberto Pool. Fonte: Mariña Patrimonio

Finalmente a Xunta tomou unha decisión con respecto aos restos atopados no Castro da Atalaia ubicado en San Cibrao (A Mariña Luguesa). A gran escavación en área que se realizou na zona na que se ían construír unhas vivendas evidencian, para a Dirección Xeral de Patrimonio, "que pode tratarse dun dos asentamentos de meirandes dimensións da Mariña lucense. Os estudos realizados destacan a estensión, densidade e variedade das estruturas arqueolóxicas". Patrimonio, polo tanto, sinala que os restos "deben ser conservados in situ" e mesmo indica que o castro da Atalia "pode dar lugar a un gran proxecto arqueolóxico". Mariña Patrimonio, a asociación que máis loitou pola preservación dos achados, expresou a súa satisfacción por este "primeiro trunfo".

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Dirección Xeral de Patrimonio, Mariña Patrimonio, Arqueoloxía