Patrimonio cataloga un novo castro de seis hectáreas na Mariña luguesa

Mariña Patrimonio deu conta do achado á Consellería de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O novo castro catalogado. Foto: Mariña Patrimonio

O novo castro catalogado. Foto: Mariña Patrimonio

A Asociación Mariña Patrimonio avisou á Dirección Xeral de Patrimonio da existencia dun gran sitio arqueolóxico sen catalogar no litoral lugués, e Patrimonio acaba de confirmar a existencia do sitio arqueolóxico, que foi inscrito nos rexistros da Xunta como Xacemento O Carreiro-Marzán con clave GA27019021. Aínda que Patrimonio non indica a adscrición cronolóxica do sitio arqueolóxico, segundo Mariña Patrimonio trátase dun castro a xulgar polos numerosos materiais (muíños, restos de vivendas, cerámica) que se atopan nos derrubos. A relevancia do achado está en que é un dos castros máis grandes da Mariña luguesa, ocupando aproximadamente unhas 6 hectáreas de terreo (os castros teñen de media 1 ou 1,5 hectáreas) e catro penínsulas costeiras. Boa parte do sistema defensivo e do interior do castro foi destruído nos últimos anos por obras públicas e particulares pero Mariña Patrimonio afirma que "O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que deben ser protexidas".

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Patrimonio, Muíños...