Os fortes temporais de 2014 provocaron a descuberta do forno romano de Esteiro, ubicado no litoral na praia das Catedrais (Ribadeo). A Dirección Xeral de Patrimonio promoveu unha intervención no lugar, que acaba de rematar, para documentar e recuperar os materiais romanos existentes no lugar. A asociación Mariña Patrimonio denunciou que a Xunta inicialmente negara a existencia de restos no lugar e que cando, en colaboración con outras sete entidades locais, propuxeran unha intervención de urxencia, a Dirección Xeral de Patrimonio puxo como condición a construción dun dique de contención que era economicamente inasumible para estas entidades e que as levou a desestimar a intervención. Mariña Patrimonio sinala que "as persoas que hoxe se acheguen ao sitio arqueolóxico comprobarán que o forno de Esteiro quedou novamente tapado e que non foi imprescindible construÃr o dique de protección que a nós se nos esixÃa con tanto celo".