Segundo sinala Mariña Patrimonio, a Xunta comunicou oficiosamente que autorizará unha intervención de recuperación do forno romano de Esteiro, ubicado na praia das Catedrais, en grave perigo de desaparición pola súa situación nun cantil afectado polas dinámicas mariñas e a erosión. A intervención fora solicitada por oito organizacións luguesas encabezadas por Mariña Patrimonio e ADEGA, que anunciaran unha serie de medidas de protesta ante o perigo de desaparición do monumento, como conferencias ou marchas reinvindicativas. Segundo Mariña Patrimonio, a Xunta tamén anunciou que vai poñer en marcha medidas de coberta e protección do sitio arqueolóxico de Estabañón, ubicado na praia da Area de Viveiro, tamén afectado polas dinámicas do mar, asà como unha revisión dos outros xacementos costeiros da Mariña.