Os temporais están a danar o xacemento galaicorromano de Estabañón

O sitio de Viveiro fora parcialmente escavado pero non se tomaran medidas fronte o mar

13/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foto: Mariña Patrimonio

As cicloxéneses deste inverno están a danar intensamente numerosos xacementos da costa galega, coma o da Illa de San Sadurniño (Cambados) ou o de Estabañón, na praia de Areas, en Viveiro, un importante núcleo fabril galaicorromano asociado aos recursos mariños. Os temporais están a desmontar muros e a verter sobre a praia numeroso material arqueolóxico, entre eles un "posible" morteiro -segundo Mariña Patrimonio- de gran tamaño. A asociación reclama á Xunta a retirada dos restos e medidas de protección para o sitio arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro, Mariña Patrimonio, San Sadurniño, Muros...