Colectivos lucenses reclaman medidas urxentes para frear a destrución dunha factoría romana

O sitio arqueolóxico do Estabañón está a ser destruído polo mar

3/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os colectivos e asociacións MariñaPatrimonio, ADEGA e “Pensamento e Sementeira” reclaman ás administracións competentes (o Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambienet e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, a protección do xacemento arqueolóxico do Estabañón, unha vila indusrial de época tardorromana e unha aldea medieval. Os colectivos denuncian que as medidas tomadas en diferentes fases non valeron para protexer o xacemento e sinalan que mesmo a prexudicaron, como a tala de árbores. "Tememos que os inmediatos temporais costeiros acaben por destruír o xacemento arqueolóxico de Estabañón e pedimos ás institucións competentes, Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que tomen medidas precisas, urxentes e eficaces para evitar o seu progresivo deterioro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio, Asociacións, Xunta de Galicia...