Catro colectivos lugueses reclaman a protección do hipocausto romano de Burela

A estrutura termal romana foi localizada en 2004

4/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Colectivo Cultural Buril, a asociación Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio presentaron unha reclamación a Patrimonio da Xunta de Galicia para denunciar o "lamentable estado de degradación e abandono" no que se atopa o xacemento arqueolóxico de Castrelo, en Burela. Neste sitio arqueolóxico localizouse un hipocausto, un sistema de calefacción romano empregado para calefactar estancias ou balnearios. As catro asociacións denuncian o total abandono do sitio arqueolóxico, a súa falta de protección que está a motivar sustraccións do material e mesmo a súa conversión en entulleira. Os restos, segundo as asociacións, están "nun total estado de degradación".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burela, Asociacións, ADEGA, Xunta de Galicia...