Recuperan e sinalizan o castro de Castromaior

Preténdese conectar o castro co Camiño de Santiago

9/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O castro de Castromaior (Portomarín, Lugo) fora obxecto de varias campañas de escavación a pasada década, pero o seu estado era de absoluto abandono. O recinto arqueolóxico enchérase de maleza ata o punto de que era moi difícil entrar na área escavada sen gabear polos antigos muros da fortificación. A Xunta financiou con 25.000 euros a consolidación, limpeza, sinalización e publicación en web do sitio arqueolóxico. As autoridades aspiran a que o castro sexa un recurso visitable do Camiño de Santiago, que pasa polas proximidades de este importante sitio arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Portomarín, Muros, Lugo...