As obras da autovÃa A-54 á súa chegada a Lugo destaparon un singular sitio arqueolóxico nas proximidades do Castro Valente, na parroquia de Lugo. Trátase dun conxunto formado por un anel de pedra con depósitos no seu interior e unha área formada por gabias e foxas con depósitos de enterramentos. O conxunto, datado entre o final da Idade do Bronce e o 500 a.C., atópase no medio e medio do trazado da autovÃa. Fomento pretende desviar vintecinco metros o trazado para preservar o anel de ofrendas, pero atravesará polo medio e medio dos negativos das foxas de incineración da necrópole. Catro colectivos, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, os Amigos do Patrimonio de Castroverde, Cultura do PaÃs e Lugo Patrimonio, canda o apoio de Mariña Patrimonio están a facer actos e protestas públicas demandando a preservación completa do sitio arqueolóxico.