A arqueoloxía en Galicia sempre achega sorpresas. Durante as tarefas de control previas á construción da autovía Santiago-Lugo, localizouse no lugar de Coeses (lugar pertencente á capital lucense) un castro sen inventariar. Aínda que se modificou o trazado da autovía porque afectaba ao monumento do trazado, o paso da autovía producíase na zona de protección do sitio arqueolóxico da Idade do Ferro, a uns 200 metros do castro. Foi alí onde a empresa arqueolóxica localizou unha estrutura novidosa na historia de Galicia.
"Aínda que pode haber algúns paralelos, o lugar é moi novidoso no contexto galego e peninsular", sinala Gonzalo Meijide, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio en Lugo. Trátase dunha estrutura tumular cun foxo ao redor e protexida por unha sorte de "coiraza". No seu interior e exterior apareceron foxas que contiñan cerámica, "presumiblemente depositada enteira in situ", aínda que moi fragmentada polo paso do tempo. A datación do xacemento podería estar entre o Bronce Final e a primeira Idade do Ferro, "pero podería ter sido utilizado durante moito máis tempo".
Aínda que o sitio arqueolóxico está moi afectado polas tarefas agrícolas, entre as pezas localizadas apareceu unha conta de colar de pasta vítrea, de procedencia púnica. Aínda que Meijide remitiu ás interpretacións e análises que poida levar a cabo o equipo arqueolóxico, sinalou unha "posible funcion ritual" para este singular sitio arqueolóxico. Comparouno, a modo hipotético, co xacemento da Roda de Barreiros, outro círculo escavado na súa totalidade neste concello da Mariña lucense, que a penas ofreceu material que permitira a súa datación segura.
Segundo o arqueólogo, o avanzado estado das obras da autovía farán que parte do xacemento se vexa afectado pola estrada.