A Xunta declara BIC o castro de Fazouro

É a máxima categoría de protección dun sitio cultural

3/11/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
A Xunta declarou o Castro de Fazouro (Foz) como Ben de Interese cultural na categoría de sitio arqueolóxico. Segundo a Xunta, este castro "posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro". O goberno autonómico sinala o "forte grao de romanización asociado a explotacións metalúrxicas e auríferas" e que para a súa construción "empregaron laxas de lousa, en contraste co granito usado na franxa atlántica". A proposta de declaración BIC contou cos informes favorables da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo e dos órganos consultivos (Consello da Cultura Galega, Real Academia de Belas Artes e Facultade de Humanidades da USC), que aportaron propostas e recomendacións no que atinxe á súa área de protección.

Universo culturagalega.gal