A Casa de Castelao é declarada Ben de Interese Cultural

O decreto destaca que o estado de conservación permitiría revivir o ambiente persoal do intelectual

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Casa de Castelao é declarada Ben de Interese Cultural

Foi a casa na que Castelao se formou como artista, intelectual e político. Por iso, o Consello da Xunta aprobou hoxe un decreto que lle outorga o máximo grado de protección ao declarala Ben de Interese Cultural na categoría de sitio histórico. Por detrás queda un longo proceso no que diferentes técnicos comprobaron o seu estado de conservación, así como os informes favorables da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago. Ademais, o decreto destaca o que estado de conservación da casa presenta a posibilidade de revivir o ambiente vital do galeguista.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ben de Interese Cultural, Belas Artes, Academia de Belas Artes...