O Pazo de Liñares é declarado Ben de Interese Cultural

O inicio do expediente comezou o 27 de novembro de 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Era unha vella reivindicación do concello de Lalín que hoxe verá cumprida. O Consello da Xunta acaba de aprobar o decreto polo que o Pazo de Liñares é declarado Ben de Interese Cultural. O decreto, que sairá publicado no DOG estes días, delimita o tipo de protección para o espazo inmediato, así coma o contorno de protección que afecta a unha finca de 22 hectáreas na que se atopan unha capela, as casas de servizo, dous fornos, un alpendre, un hórreo e un pombal. O expediente foi incoado o 27 de novembro de 2008 e contou cos informes favorables da Real Academia de Belas Artes, do Consello da Cultura Galega e da Universidade de Santiago.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Pazo de Liñares, Belas Artes, Academia de Belas Artes...