O "pazo por antonomasia da terra do Deza", segundo a Dirección Xeral de Patrimonio, o de Liñares, será declarado Ben de Interese Cultural. Este departamento iniciou onte a incoación do expediente polo que esta casa señorial contará co máximo grado de protección previsto pola lei. A declaración afectará ao Pazo, a unha hectárea do espazo inmediato e, coma contorno de protección, á finca de 22 hectáreas que rodea o pazo e na que se atopan unha capela, as casas de servizo, dous fornos, un alpendre, un hórreo e un pombal.
O Pazo de Liñares será declarado Ben de Interese Cultural
Patrimonio iniciou onte o procedemento
17 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos
Lugares


