O Pazo de Quintáns en Noalla será declarado BIC

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a incoación do expediente

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pazo de Quintáns. Fotografía de Óscar Franco. Patrimoniogalego.net

Pazo de Quintáns. Fotografía de Óscar Franco. Patrimoniogalego.net

O Pazo de Quintáns ou Pazo do Casal, na parroquia de Noalla (Sanxenxo) será Ben de Interese Cultural. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución pola que se incoa expediente para protexer este elemento patrimonial coa categoría de monumento. Segundo sinala a resolución, o inmoble "exemplifica a relación dun edificio relevante co seu contorno, tanto nos aspectos da súa importancia histórica como na xeneralidade dos seus valores culturais". O conxunto a protexer inclúe o pazo, a capela, as construcións auxiliares e o hórreo, ademais dos patios, praza frontal, xardín e horta murada do século XVI.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Sanxenxo

Claves

Lugares