Hai case un ano que a consellarÃa de Cultura, en plena transición cara o novo executivo, iniciou o expediente para declarar o barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural. O expediente do DOG establecÃa, entre outras caracterÃsticas, que mantiña todo o seu tecido viario orixinal malia que perdera todas as súas construcións medievais primitivas. Sen embargo, a dirección xeral de Patrimonio desestimou esta decisión amparándose en que existe un informe desfavorable da Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario (os informes da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña e do Consello da Cultura Galega son favorables), ademais de que para contar con esta figura de protección "non é suficiente coa conservación do trazado urbano". Segundo publica hoxe Diario de Ferrol no concello e a asociación de veciños do barrio van presentar alegacións á decisión.