Iníciase o procedemento para declarar o barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural

A incoación sairá publicada no DOG nos vindeiros días

20/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ferrol Vello é o espazo máis antigo da cidade medieval que aínda conseva parte do trazado orixinal, así coma o parcelario urbano. Así o constataron os técnicos da Consellaría de Cultura nun informe que serve de base iniciar o procedemento de declaración de Ben de Interese Cultural, o grao máximo de protección que contempla o noso ordenamento xurídico. O primeiro paso é a publicación no DOG da incoación, unha fase que terá lugar, segundo fontes da Consellaría de Cultura, nos vindeiros días. Será entón cando se inicien os trámites habituais, desde o período de alegacións ata a consulta aos órganos pertinentes (como o Consello da Cultura ou a Academia de Belas Artes), antes de ser elevado ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Consello da Cultura Galega