O barrio de Ferrol Vello obtén a declaración de Ben de Interese Cultural

O Consello da Cultura Galega e a Universidade da Coruña emitiron informes favorables á protección

10/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Ferrol Vello

O Consello da Xunta aprobou o decreto da declaración do barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural na categoría de conxunto histórico. A aplicación da figura de Ben de Interese Cultural, ao tempo que garante unha protección integral vinculante para todas as administracións, estimula a súa plena recuperación e constitúe un catalizador tanto a nivel de difusión da imaxe da cidade como de actuacións indispensables para o seu desenvolvemento sustentable e equilibrado. A declaración de Ferrol Vello como BIC fora desestimada en marzo do ano pasado pola Dirección Xeral de Patrimonio amparándose nun informe desfavorable da Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario malia existir outros dous informes favorables emitidos pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña e o Consello da Cultura Galega. O pleno do Concello de Ferrol aprobou en abril por maioría interpor un recurso de alzada contra aquela decisión. No decreto elevado pola Consellaría de Cultura e Turismo delimítase, ademais, a zona afectada pola declaración no termo municipal de Ferrol.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Consello da Cultura Galega, Universidade da Coruña, Turismo...